A Xunta analiza coa frota dedicada á pesca de bacallau a situación ante o brexit e as relacións entre a Unión e Noruega

20 Marzo 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo esta semana un encontro con representantes da Asociación de Empresas de Pesca de Bacallau e Especies Afíns e Asociadas (Arbac) e da Asociación Nacional de Armadores de Buques de Pesca de Bacallau (Agarba) na que analizaron a situación desta frota tralo acordo sobre o brexit entre a Unión Europea e o Reino Unido así como ante as relacións entre o Executivo comunitario e Noruega no referente á pesca tanto en augas norueguesas como do arquipélago de Svalbard.
A titular de Mar e os responsables destas dúas asociacións de armadores constataron a necesidade de que tanto a Administración española como as institucións comunitarias defendan os intereses desta frota ante todas as instancias co obxectivo de que poida seguir desenvolvendo a súa actividade con normalidade como fixo nos últimos anos. A
representante do Executivo galego enxalzou o bo facer dos buques galegos dedicados á captura de bacallau e lembrou a importancia de que poidan manter as súas posibilidades de pesca en augas norueguesas así como de Svalbard tendo en conta ademais que a súa actividade xa se viu reducida en augas de Terranova como consecuencia das medidas adoptadas para favorecer a recuperación do caladoiro.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, reúnese con representantes das asociacións Arbac e Agarba

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.