A Tarxeta básica da Xunta leva beneficiado a preto de 450 familias do Barbanza

07 Marzo 2021

A Tarxeta Básica, posta en marcha pola Xunta o pasado mes de xullo para atender ás persoas máis vulnerables fronte aos efectos socioeconómicos da crise sanitaria da covid-19, leva beneficiado a 450 familias da comarca
do Barbanza desde a súa posta en marcha, nas que o Goberno galego investiu 290.000 euros.
Os concellos incluídos dentro desta comarca son: Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira e A Pobra do Caramiñal. No conxunto de Galicia, o número de tarxetas emitidas é de 22.000, nas se leva investido 14,5 millóns de euros.
A Xunta ampliou a Tarxeta Básica ata xuño do ano 2021, cunha vixencia máxima de nove meses por tarxeta. O importe desta axuda depende do número de membros da unidade familiar. No caso dos fogares unipersoais a axuda é de 150 euros mensuais, para os fogares con dous membros é de 200 e para as familias con tres membros ou máis a axuda chega
aos 300 euros mensuais.
Axuda áxil, que non estigmatiza Trátase dunha actuación pioneira que busca dar unha resposta áxil e urxente ás familias, xa que o seu período máximo de tramitación é de 72 horas desde que se solicita. O seu
obxectivo é prestar apoio na compra de produtos básicos de alimentación, hixiene e farmacia.
Por outro lado, esta tarxeta representa unha actuación coordinada ao implicar na súa xestión á Xunta, aos servizos sociais municipais e ás entidades sociais como Cruz Vermella, encargada da súa tramitación. Ademais, non estigmatiza xa que ao ter forma de tarxeta de crédito que se recarga mes a mes, os seus usuarios non teñen que facer colas nin acudir a
un establecemento específico para obter os produtos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.