A Pobra informa da resolución das axudas a persoas autónomas e empresas

02 Marzo 2021


O Concello da Pobra deu a coñecer hoxe a listaxe definitiva de persoas autónomas e empresas do municipio beneficiarias do PEL-Reactiva. A listaxe definitiva de concesión estará dispoñíbel no taboleiro e na web municipal.
As axudas, que contan cun importe total de 240.500 euros, serán repartidas entre 125 persoas autónomas e empresas, as cales dispoñen ata o 31 de marzo para achega-la documentación xustificativa. Esta iniciativa está dirixida a tres tipos de empresas, que dunha forma ou outra se viron damnificadas pola COVID-19: no grupo 1 atópanse as empresas que pecharon durante o confinamento; o grupo 2 conta coas empresas que
viran reducida a súa facturación, polo menos, nun 75%; e no grupo 3 as que están sometidas a ERTE.
O reparto destas axudas vai dende os 1.500 euros por unha empresa que non teña ningunha persoa empregada ata 3.000 euros para aquelas cuxo cadro de persoal se compón de entre 6 e 9. Estas subvencións irán destinadas á compra de material antiséptico, produtos hixiénicos, reparación e conservación, primas e seguros…
A concesión das axudas realizouse mediante unha puntuación seguindo as bases reguladoras de acordo cuns criterios de valoración nos cales figuran o tipo de empresa, a forma xurídica, o número de mulleres contratadas, o número de persoas discapacitadas contratadas, o número de menores de 30 anos contratados e o emprego da lingua galega.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.