A Pobra acolle o comezo da 2º Regata Ría de Arousa

25 Marzo 2021

Os barcos participantes na segunda Regata Ría de Arousa, organizada polo Club Náutico Arousa Norte (A Pobra), tomarán saída o vindeiro sábado ás 14:00 horas nas inmediacións do porto da Pobra do Caramiñal. Un total de entre 8 e 15 millas será o recorrido que realizarán os competidores polo interior da Ría de Arousa.

A competición dividirase en tres clases en función do rating establecido polo comité de regatas. A Clase “ORC – A Casa da Tía Elisa” estará formada polos barcos máis rápidos, na cal participará a embarcación Chispetrén, do club rianxeiro Alpha.

As embarcacións acostumadas a loitar polos primeiros postos encadraranse na segunda clase, denominada “ORC – Pazo de Rubianes”. Camping Ría de Arosa, Fixius, Sampaio ou A Pillara comporán esta categoría.

A clase “ORC – A Poutada” acollerá a un dos barcos máis competitivos na súa categoría, o Piko Norte de José Manuel Castro.

Esta 2ª Regata Ría de Arousa servirá para ver se Chispetrén, Camping Ría de Arosa e Piko Norte quen de revalidar o título da edición pasada, ou polo contrario algunha das demais embarcacións son capaces de sorprender aso actuais campións.

Outros artigos

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Martes 8, choivas e unha notable caída das temperaturas máximas

A retirada do anticiclón abrirá a porta a precipitacións que avanzarán de oeste a leste, xunto a ventos que rolarán a norte pola tarde. As altas presións retíranse cara ao oeste durante este martes, facilitando a entrada dunha fronte polo noroeste galego ao longo da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.