A Lonxa de Ribeira mantivo o seu papel referente en 2020

05 Marzo 2021
lonxa de ribeira

A comercialización de produtos pesqueiros frescos nas lonxas galegas mantívose en 2020 estábel en relación ao 2019, a pesares das dificultades derivadas da alerta sanitaria pola COVID-19, segundo un informe da Consellería do Mar, que destaca á Lonxa de Ribeira.

Ribeira mantense así como unha das lonxas máis importantes de Galicia ao concentrar, xunto coas lonxas de A Coruña, Vigo, Burela e Celeiro, máis do 82 % dos produtos de mar frescos comercializados e case o 73% da facturación. O informe tamén recolle as especies máis comercializadas, onde destaca o xurelo con cerca de 32.000 toneladas, a pescada con case 26.000 toneladas e o lirio con máis de 20.000 toneladas. Entre estas tres especies concentran máis da metade das capturas totais poxadas durante o ano pasado.

En cando á facturación, a especie destacada é a pescada, cuns ingresos xerados de cerca de 100 millóns de euros e unha cuarta parte da cifra de negocios total das lonxas. Por detrás sitúanse o rape (34 millóns), a ameixa xaponesa (máis de 28 millóns) e o xurelo (26 millóns).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.