A Deputación da Coruña comprométese a acelerar os trámites para ampliar a estrada do futuro polígono de Ribeira

08 Marzo 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira reuniuse o pasado venres, con motivo da inauguración da Feira de de Inverno do Pequeno Comercio, na praza do Concello, co deputado provincial José Blas García Piñeiro, e co secretario xeral da agrupación socialista en Ribeira, José Manuel Vilas. Na xuntanza mantida, ambos comprometéronse a trasladar ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, as inquietudes e demandas dos integrantes da asociación no relativo á ampliación da estrada que discorre polo lugar da Carballa en relación a Moldes, que sería unha das vías principais de acceso ao futuro complexo industrial co que contarían os empresarios de Ribeira.

Os empresarios, segundo destacou a asociación, adquiriron o compromiso dunha vindeira xuntanza co responsábel de vías e obras pertencente á entidade provincial. Na reunión, que se formalizará o máis axiña posíbel, trataríanse máis en profundidade os trámites precisos para iniciar a ampliación da dita estrada.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...