A Deputación colaborará coa Asociación Española contra o Cancro para difundir os seus servizos e actividades nos concellos rurais

14 Marzo 2021

A AECC conta con 15.300 socios na provincia e delegacións na Coruña, Ferrol, Santigo e Ribeira. Ofrece servizos gratuítos coma apoio psicolóxico, logopedia, asesoramento sobre axudas sociais ou actividades lúdicas e ocupacionais que favorecen o benestar destas persoas.

A Deputación da Coruña colaborará coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) na difusión dos seus servizos e actividades nos concellos rurais da provincia.

Así llo confirmou a deputada responsable da área de Benestar Social, Ana Lamas, á xerente e a traballadora social da AECC na provincia da Coruña, Gema García Abril e Paula Romero López, na reunión que mantiveron para abordar novas vías de colaboración entre ambas entidades.

Ana Lamas destacou a “gran labor social” que desenvolve a AECC, “unha entidade de referencia” que conta con sedes na Coruña, Santiago, Ferrol e Ribeira e agrupa a 15.300 socios e socias na provincia e que desempeña o seu traballo tanto no eido da prevención  coma no apoio e acompañamento aos enfermos de cancro e as súas familias, con servizos gratuítos coma apoio psicolóxico, logopedia, asesoramento sobre axudas sociais ou actividades lúdicas e ocupacionais que favorecen o benestar destas persoas.

Segundo explicaron as responsables da AECC moitos destes servizos e actividades chegan hoxe a máis persoas que hai un ano, debido a que a pandemia fixo que os tiveran que adaptar aos novos medios telemáticos, o que supón tamén a oportunidade de chegar a máis persoas no rural, onde lles resulta máis difícil dar a coñecer a súa actividade.

“Queremos apoiar a AECC para que os seus servizos cheguen a todos e cada un dos concellos da provincia”, afirmou Ana Lamas, que anunciou que a Deputación convocará unha reunión telemática cos Servizos Sociais de todos os concellos e a AECC para dar a coñecer as múltiples servizos que ofrece, desde cursos para deixar o tabaco a apoio por parte de profesionais sanitarios.

Outros artigos

O programa Saudade puxo en valor a gastronomía do Barbanza

Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.