A ARE e Mercarianxo dinamizan as compras locais con vistas ao Día do Pai

16 Marzo 2021

En Rianxo o empresariado local colle impulso estes días con vistas á celebración do Día do Pai, o 19 de marzo. Faino a través de dúas vertentes que se complementan: por unha banda a través do servizo da plataforma de comercio electrónico Mercarianxo impulsada pola ARE, onde os establecementos puxeron en marcha unha campaña para promover estes días produtos e servizos locais e reivindicar, tamén, a inmediatez, a accesibilidade, a comodidade e a seguridade da plataforma.

Amais, para fortalecer esta vía, a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) activou unha iniciativa de promoción coa que se pretende, a maiores, recompensar a fidelidade da cidadanía que aposte polos comercios de proximidade. Deste xeito, a través da campaña do Día do Pai da ARE farase o sorteo dun vale de compra de 100 euros para gastar nos comercios asociados. Para participar teremos que facer o seguinte:

· Mercar un agasallo nos comercios asociados a ARE Rianxo ou en Mercarianxo.

· Subir unha foto a Facebook do regalo coa etiqueta #diadopaiARE.

· Sermos seguidores na dita rede social de Rianxo CCA e ARE Rianxo.

Temos de prazo até o 23 de marzo. Podemos consultar as bases en liña.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.