Tregua de choiva durante a fin de semana. Ondas entre 5 e 6 metros no litoral o venres

11 Febreiro 2021

A comarca e Galicia quedará durante a xornada do venres baixo influencia anticiclónica, aínda que con ventos do sudoeste, que arrastrarán moita humidade. Con esta situación, agárdanse ceos nubrados pola mañá, con máis nubes no litoral atlántico, onde mesmo podería haber algún orballo ocasional pola mañá; apertura de grandes claros no interior pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do sur-sudoeste, frouxos no interior, moderados no litoral.

Baixas presións de 965 mb ao sudoeste de Islandia. Altas presións de 1025 mb entre Galicia e Portugal.

Atención para venres :Ondas entre 5 e 6 metros no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra entre as 6:00 e as 18:00.

Na nosa costa: Vento do sudoeste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:253.9 m
Baixamar10:390.5 m
Preamar16:483.6 m
Baixamar22:460.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:163.8 m
Baixamar10:300.6 m
Preamar16:403.5 m
Baixamar22:380.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:213.8 m
Baixamar10:340.5 m
Preamar16:453.5 m
Baixamar22:430.6 m
Prognóstico, venres 12 de febreiro de 2921 ás 13 horas

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.