SumaRibeira pide mellorar as condicións sanitarias do transporte non urxente de pacientes

10 Febreiro 2021

Xurxo Ferrón, da plataforma SumaRibeira

A plataforma SumaRibeira dirixiu unha cara á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza para expresarlle a súa preocupación polo que consideran “unha falta de medidas de protección ás persoas usuarias do servizo de transporte non urxente e programado de pacientes que depende desa Xerencia Sanitaria”.

Na misiva, a agrupación que coordina Xurxo Ferrón recoñecer ser consciente da situación complexa que se deriva da pandemia, e tamén da relevancia de velar polo cumprimento das medidas de seguridade que fan chegar a diario as autoridades sanitarias (a utilización de máscaras a hixiene tanto particular como de espazos colectivos, a importancia de non estar en lugares pechados ou con pouca ventilación durante espazos de tempo prolongados, o distanciamento entre persoas non conviventes, etc). Porén, explica no comunicado SumaRibeira, “todas estas medidas a nivel xeral son aínda máis importantes naquelas persoas que pertencen a grupos de maior risco, ben pola súa idade ou polas patoloxías que presentan, que poden agravar de forma considerábel a enfermidade en caso de sufrila. Son por tanto as persoas ás que máis se debería protexer”.

SumaRibeira destaca que nos últimos días tivo coñecemento, a través as fontes directas de varios usuarios das ambulancias de transporte non urxente, de que “estas medidas de prevención non se están a cumprir nos traslados levados a cabo polas empresas concesionarias do servizo”. Tamén salienta o feito que o número de persoas que sofren esta situación é un número grande, sufrindo cousas como chegar ao seu destino coas ambulancias ateigadas, sen a ventilación axeitada ou durante tempos demasiado prolongados. “Unha vez terminado o traslado, os vehículos non poden ser desinfectados antes de recoller novos pacientes porque non dispoñen de tempo para realizar esa desinfección”, explican dende SumaRibeira, que, tendo en conta o devandito, solicita o seguinte:

– Que “se nos informe das condicións vixentes para os traslados non urxentes”.

– Que “as/os usuarias/os do servizo estean informadas/os das medidas de seguridade COVID de obrigado cumprimento nos seus traslados, e que esta información estea visíbel nos vehículos”.

– Que o SERGAS facilite unha máscara FFP2 a cada una dos/das usuarios/as do servizo, en previsión de que as máscaras que leven as persoas transportadas non sexan seguras e homologadas.

– Que “se inspeccionen e controlen as condicións nas que as empresas adxudicatarias están a realizar estes traslados, e que se tomen as medidas oportunas para que se cumpra a normativa relativa ao control da pandemia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.