Sete novas mortes elevan a 2.227 as vítimas da pandemia en Galicia

27 Febreiro 2021

O Sergas informa da morte de outras sete persoas pola pandemia da covid-19 en Galicia o que eleva as vítimas a 2.227 despois de que o Servizo Galego de Saúde notificase na tarde deste sábado sete novas mortes, mesma cifra que o venres.

A provincia de Ourense acumula tres destes falecementos. En concreto, morreron dous homes de 94 e 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO) e unha muller de 95 anos no Hospital do Barco que procedía da residencia de Carballeda de Valdeorras.

A estes hai que sumar outros dous óbitos na provincia da Coruña: un home de 78 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( Chuac) e outro de 83 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Ademais, morreu con covid unha muller de 87 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA) de Lugo e un home de 70 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Estes sete falecementos correspóndense coa xornada do venres –ningún este sábado– e todos eles contaban con patoloxías previas.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.