Sábado con choiva forte e persistente na primeira metada do día. Domingo nubrado

19 Febreiro 2021

Unha fronte moi activa atravesará Galicia durante a primeira metade deste día, deixando chuvias que serán persistentes e localmente fortes sobre todo nas provincias atlánticas. ocasionalmente acompañadas de aparato eléctrico; as precipitacións faranse máis intermitentes e diminuirán en intensidade a partir do mediodía. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará do sur forte con refachos moi fortes no litoral e zonas altas ata o mediodía.

No noso mar: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 6 a 7 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá, 5 a 6 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Muros
Hora*Altura
Baixamar03:251.6 m
Preamar09:432.7 m
Baixamar15:551.6 m
Preamar22:282.7 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar03:171.6 m
Preamar09:362.7 m
Baixamar15:481.6 m
Preamar22:192.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar03:211.6 m
Preamar09:402.7 m
Baixamar15:521.6 m
Preamar22:252.6 m
Prognóstico sábado 10 horas

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.