Rouban o caucho do parque infantil da Casa da Cultura de Caamaño

25 Febreiro 2021

O Concello de Porto do Son vén de denunciar a través das redes sociais o roubo de caucho que estaba instalado no solo do parque infantil da Casa da Cultura de Caamaño. Hai uns días, os membros de Protección Civil comezaron a reparar a zona de xogo e cando procedían a continuar coas labores, visualizaron a desaparición dunha gran parte de plaquetas.

O chan instalado tiña o obxectivo de protexer aos nenos dos golpes e a súa reparación alcanzaba un custo de 1.345 euros. Segundo a tenente do alcalde, María Maneiro, “é lamentable que aínda segan a ocorrer estes actos incívicos que mostran moi pouco respecto pola parte destas persoas cara o que é de todos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...