Rianxo en Común lanza un convite á cidadanía para festexar o Entroido en Facebook e Instagram

09 Febreiro 2021

A agrupación cidadá Rianxo en Común que coordina Julián Bustelo vén de botar a andar unha campaña para festexar o Entroido nas redes sociais e, tamén, “apoiar ao pequeno comercio e á hostalaría do municipio”. Segundo explica a plataforma, tendo en conta que a situación actual impide que “este ano se poida celebrar a festividade como a todas e todos nos gustaría”, a campaña diríxese a trasladala ás redes sociais mediante un convite a todos os veciños e veciños para subiren ao Facebook ou a Instagram unha foto vestidos de choqueiros co cancelo #choqueiradaRX.

Entre as persoas que participen na iniciativa repartiranse dous premios coa finalidade de apoiar a dous dos nosos sectores que máis están sufrindo as consecuencias das medidas adoptadas para tratar de frear o avance da COVID-19. Un dos premios consiste nun bono por valor de 100€ para gastar nos establecementos comerciais rianxeiros, mentres que o outro galardón consiste nunha cea ou comida valorada en 50€ no local de hostalaría de Rianxo que a persoa agraciada escolla.

O prazo para poder participar estará aberto ata o vindeiro domingo 14 de febreiro.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.