O PSdeG pide á Xunta un plan que permita afrontar as necesidades de Dodro

23 Febreiro 2021

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu á Xunta o desenvolvemento dun plan que permita afrontar as necesidades de Dodro en infraestruturas e servizos en colaboración co goberno local.

remitida

No marco dunha visita ao municipio na que estivo acompañado do alcalde, Francisco Xavier Castro; Gonzalo Caballero reivindicou o traballo realizado polo goberno local para “sacar adiante” este concello pequeno que precisa de políticas públicas articuladas desde “todas as administracións” para axudar ao desenvolvemento da súa economía, potenciar os seus servizos sociais e garantir que os dereitos dos seus veciños sexan “iguais” aos dos residentes nas grandes cidades galegas.

Para iso, o xefe de filas dos socialistas galegos ha chamado ao Goberno galego a exercer como un “aliado” do municipio e a “non esquecerse da Galicia interior”. Así, instouno a reunirse co alcalde para desenvolver un plan que faga fronte aos “retos” da localidade en materia de infraestruturas e permita atender as necesidades de modernización e investimento dos centros educativos, o ámbito sanitario e os sectores produtivos primarios e esenciais.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.