Once falecidos elevan a 2.238 as vítimas mortais da COVID-19 en Galicia

28 Febreiro 2021


As autoridades sanitairas comunicaron a morte doutros once pacientes diagnosticados con covid-19, co que son xa 2.238 os falecidos pola pandemia en Galicia.

Das mortes comunicadas dous foron o 26 de febreiro e as nove restantes, o sábado 27. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas e ningunha estaba vinculada a residencias.

As persoas falecidas o venres 26 foron un home de 58 anos que se atopaba hospitalizado no CHUVI e outro home de 94 anos de idade que estaba ingresado no CHUO.

Á xornada do sábado corresponden os nove óbitos restantes. Catro deles producíronse no CHUAC (dous homes de 59 e 74 anos e dúas mulleres de 85 e 81) e dúas no CHUVI (dúas mulleres de 94 e 82 anos, respectivamente).

Ademais, unha muller 81 anos morreu mentres se atopaba ingresada no Hospital Santa Teresa de Ourense, un home de 79 anos faleceu no CHUO e outro home de 89 anos perdeu a vida no CHUS.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...