O servizo de reparto a domicilio de Mercarianxo superou na súa primeira todas as expectativas de participación

02 Febreiro 2021

Este 28 de xaneiro comezou a funcionar en Rianxo un servizo de reparto a domicilio para axudar ao tecido hostaleiro no grave contexto de crise económica e sanitaria actual e permitir aos establecementos, aínda que sexa dunha maneira básica e limitada, proseguir coa súa actividade. Estamos a falar do servizo Rianxo na túa Porta, impulsado pola plataforma local Mercarianxo e outros establecementos e negocios locais, co obxectivo de acurtar ao máximo as distancias entre as empresas locais e os seus clientes, e facéndoo “de xeito cómodo, seguro e controlado”. A plataforma (impulsada pola Asociación Rianxeira de Empresarios -a ARE-, en colaboración co Concello) fixo balance do acadado nestes primeiros días de funcionamento do servizo, un servizo que durante a súa primeira fin de semana de vida “superou todas as expectativas iniciais”.

A ARE, en nome da propia entidade empresarial e das hostaleiras e hostaleiros, achegou o seu agradecemento á cidadanía de Rianxo polo apoio dado á iniciativa dende o comezo da actividade e “pola confianza depositada no sector e no servizo de reparto”.

A ARE engadiu que o servizo está suxeito a incorporacións, e que esta semana, de feito, adhírense á iniciativa dous novos establecementos. Ao mesmo tempo, a entidade fai un chamamento á implicación, tanto do sector como da veciñanza: “Son tempos difíciles e temos que adaptarnos a situación actual para saír canto antes adiante e volver a normalidade anterior, desfrutando dos nosos sitios de sempre en compañía”.

De feito, o servizo está a disposición das empresas locais e dos particulares quere queiran recibir deste xeito cómodo as súas compras, pedidos dun restaurante ou calquera outro recado no propio fogar.

Para contactar, as persoas interesadas poden chamar ou escribir por Whatsapp ao 633 835 911, ou ben enviar unha mensaxe ao correo electrónico rianxonatuaporta@gmail.com sen compromiso.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.