O luns tempo revolto con choivas e alerta amarela na costa

07 Febreiro 2021

A xornada do luns vén marcada pola presenza de aire frío nas capas altas da atmosfera que será fonte de inestabilidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade, que ocasionalmente poderán vir acompañados de sarabia e tormenta. A cota de neve situarase nas primeiras horas do día nos 1200 metros para ir en progresivo ascenso co avance da xornada. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán moderados de compoñente oeste, con intervalos fortes no litoral atlántico.

En canto o mar hai aviso amarelo este luns por ondas de catro a cinco metros nas Rías Baixas e na Costa da Morte
Meteogalicia activará ao longo do luns un aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura no mar das Rías Baixas e na Costa da Morte.

En concreto, esta situación manterase desde as 12,00 horas do mediodía do luns e prolongarase, polo menos, durante toda a xornada do martes.

Ademais, no boletín de avisos de Meteogalicia figura outro aviso amarelo por choivas, que deixarán 40 litros por metro cadrado en 12 horas ata as 6,00 da mañá en zonas do interior de Pontevedra.

No mar vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Prognóstico do tempo para a madrugada do martes

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.