O concurso Lingua de namorar actualízase con Instagram na súa décima edición

12 Febreiro 2021


O certame de declaracións de amor en galego na rede Lingua de namorar da Xunta incorpora unha terceira categoría de premio exclusiva en Instagram baixo o lema #NamorarEnPandemia.
A décima edición do concurso que se convoca cada febreiro vai dirixido á
mocidade de entre 14 e 35 anos, que poderán participar na rede. “É importante visibilizar e dinamizar as iniciativas de promoción do uso do galego nos espazos nos que se move a mocidade, adaptalas a eles, e incentivar a súa participación”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Deste xeito, o certame amplía así o seu alcance a unha das redes sociais máis empregadas pola xente nova e da posibilidade á mocidade de amosar nesta nova edición o seu espírito creativo á vez que fai uso das súas habilidades coas novas tecnoloxías. A presentadora galega Esther Estévez é o mellor exemplo deste proxecto, xa que é capaz de unir á perfección as dúas calidades anteriormente mencionadas a través do popular cancelo e mediante os seus vídeos en plataformas como Instagram e TikTok.
Esta nova edición do concurso inclúe tres categorías de participación: de 14 a 19 anos, de 20 a 35 anos e de 14 a 35 anos. Para poder participar, as dúas
primeiras categorías seguirán o procedemento habitual de participación no
web oficial do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar. Para
facelo na terceira categoría é necesario facelo desde o seu perfil de IG, seguir a @XuventudeGalicia e @LinguaGalega e escribir, na publicación habilitada no primeiro perfil unha mensaxe de amor en galego de ata 200 caracteres.
Os interesados en participar poderán facelo desde hoxe ata o vindeiro 12 de
marzo e así poder optar aos premios dispoñibles: tres bicicletas eléctricas, dúas tabletas e dúas cámaras deportivas.

Outros artigos

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

+

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.