O Concello de Boiro continua esta semana coa programación cultural

24 Febreiro 2021

A relaxación das medidas fronte á COVID–19 decretadas pola Conselleira de Sanidade permitiu que o Concello de Boiro poida retomar esta semana a programación cultural da Casa da Cultura Ramón Martínez López.

Dende o mes de decembro as actividades culturais estiveron paralizadas, xa que o municipio estaba en risco extremo. Tras reducirse o nivel de incidencia e de baixar os casos, a Concellería de Cultura decidiu continuar coa programación cultural. Así, as actividades comezarán este venres, 26 de febreiro.

A capacidade do auditorio da Casa da Cultura estará limitada a 50 persoas como máximo para as actuacións, aínda que isto dependerá de como vaian as restricións. Aqueles que queiran acudir, deberán reservar a entrada para asistir aos espectáculos, que se poderá conseguir o propio dia da función a partir das 16.30 horas da tarde. O horario das actuacións irase definindo en función do tipo de publico ao que esta destinado e das restricións.

Este venres representarase a obra Ris Ras de Baobab Teatro, unha función para público infantil e familiar. O espectáculo será ás 19.00 horas e as entradas poderán conseguirse ese mesmo dia na Casa da Cultura, a partir das 16.30 horas.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.