O centro de saúde de Noia dará servizo a máis de 32.000 veciñas e veciños

16 Febreiro 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo unha xuntanza este martes 16 do alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, co fin de avaliar os proxectos previstos para o concello e as necesidades máis urxentes da localidade e da cidadanía. Un dos puntos sobre os que se falou foi o novo centro de saúde de Noia, que, segundo confirmou Feijóo, daría servizo aos máis de 32.000 veciños da comarca.

O presidente salientou o feito de que o Goberno local se comprometera a xestionar a parcela que dará acubillo ao vindeiro inmóbel e anunciou que a Xunta licitará o proxecto construtivo de forma simultánea ao proceso de cesión, “co obxectivo de axilizar esta infraestrutura”.

Durante a reunión, na que tamén estivo presente a concelleira de Economía, Facenda e Deportes de Noia, Laura Salgado García, Feijóo referiuse tamén ao proxecto para converter un antigo estaleiro, situado en Abruñeiras, nun edificio de usos náutico-deportivos, unha obra na que colaborarán a Secretaría Xeral para o Deporte, a Consellería de Medio Ambiente e o Concello e que está previsto executar neste 2021.

Así mesmo, ambos avaliaron o plan de saneamento que se elaborou co obxectivo de realizar unha radiografía completa do sistema de saneamento deste municipio; a posibilidade de levar a cabo a construción dunha nova EDAR; así como as obras de mellora do sistema de abastecemento, que contarán cun investimento de case un millón de euros.

En materia de infraestrutura, Feijóo referendou o compromiso do Goberno autonómico coa reparación e posta en valor da Ponte Nafonso, un proxecto cuxa licitación prevese para finais de febreiro ou principios de marzo, co “obxectivo de que se poida executar no segundo semestre de 2021”.

No ámbito docente, o presidente confirmou a execución no verán da rehabilitación integral do IES Campo de San Alberto, cun investimento de máis dun millón de euros.

Polo que se refire á cuestión da pandemia, Feijóo salientou que desde o inicio da pandemia, no marco do Plan de Reactivación posto en marcha pola Xunta, “activáronse diversas liñas de axudas das que se beneficiaron máis de 30 empresas do municipio”.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.