O BNG critica a modificación dada á Lei de Saúde

19 Febreiro 2021

A deputada da nosa comarca Rosana Pérez (A Pobra, 1964) anunciou este venres a posición do BNG respecto da modificación prevista da Lei de Saúde, que o Goberno galego prevé aprobar o día 23. Pérez comunicou o voto negativo do BNG e cualificou a adaptación de “chapuza xurídica que recorta dereitos e trata aos galegos e galegas como delincuentes”.

Rosana Pérez engadiu que “o PP emprega outra vez vellas mañas, ao presentar a modificación como proposición de lei do seu grupo parlamentar para ver de aprobar un texto legal sen contar cos preceptivos informes xurídicos sobre a legalidade do texto e procurar a aplicación inmediata”.

A lei, dixo a deputada, “pretende aplicar medidas do Estado de alarma cando non se dea esa condición, e sen autorización xudicial”. Tamén fixo saber que o texto “abunda no uso de termos como sancións (máis de setenta veces), de ata 600.000€, restricións ou recortes”.

Rosana Pérez sinala que entre as medidas inclúese “a incautación ou inmobilización de recursos, a obrigatoriedade de facilitar datos persoais, o encerro en hospitais ou domicilios a quen sospeiten enfermo, o sometemento a tratamento médico mesmo sen autorización expresa, e a obrigatoriedade das vacinas, ao que nin a OMS se atreveu”.

Pola contra, afirmou Rosana Pérez, “a nova lei non reforza a sanidade pública, non mellora a atención primaria, auténtica porta principal do sistema de saúde, non aumenta o número de rastrexadores nin do persoal sanitario, sexan médicos, enfermeiros, etc., nin recolle medidas para reducir as listas de agarda”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...