“Novos casos da COVID en buques de pesca galegos”

Antón Luaces.- O sindicato CIG-Mar esixe ao Goberno e á Xunta un protocolo claro de actuación polo repunte de casos de barcos galegos nos que se detectaron gromos de COVID entre os seus tripulantes despois de que un buque do grupo Pereira, o Argos Pereira, comunicase o xoves pasado dende o porto de Montevideo a existenza de 28 casos positivos a bordo.
Nesta ocasión, segundo informa o sindicato nacionalista galego, a empresa solicitou ao Gobernbo uruguaio que os tripulantes que deran negativo no chequeo poideran continuar a bordo, todo o contrario do aco tecido no caso de Venturer, tamén de Vigo e pertencente á compañía Pescapuerta, fondeado nun porto brasileiro con varios tripulantes infectados.

Ambos os citados buques zarparan de Vigo con rumbo ó caladoiro das Malvinas unha vez que, supostamente, se practicaran as probas pertinentes de saúde aos seus tripulantes. Por este motivo a CIG pregúntase como é posible que estean a producirse contaxios entre os triupulantes porque, dí Xavier Aboi, responsable do sindicato, “está claro que fallan os controis, o que pon en grave perigo a saúde das persoas que estan nestes barcos”.Demanda Aboi das Administracións que se estreme o control perante o cumprimento  das recomendacións sanitarias e que se fixen uns protocolos de actuación máis definidos unha vez detectados os gromos para atendelos axeitadamente.Ao parecer, os casos de embarcacións con gromos de COVID son numerosos; pero únicamente se coñece unha mínima parte deles porque as compañías fan todo o posible por agochalos er as administracións non asumen responsabilidade nos casos denunciados.

No caso de Venturer, as novas probas de COVID realizadas a bordo destaparon un novo caso de contaxio que se suma ós xa confinados. Son, polo tanto, 11 os mariñeiros afectados pola pandemia: nove peruanos e dous galegos. Ingresados en centros médicos de Montevideo permanecen un paruano e un galego.