Nova vítima da Residencia de Ribeira eleva a 15 os falecidos. Hoxe confirmouse a morte de 30 persoas en Galicia e chegan a 1.910

Un home de 90 anos usuario da residencia de Ribeira que estaba ingresado no Centro Galego de Desenvolvemento Integral ( Cegadi) faleceu da COVID-19. O Sergas informou que o home presentaba patoloxías previas. A súa morte eleva a 15 as vítimas da residencia ribeirense.

Nos últimos datos facilitados polo SERGAS foi dado de alta 1 traballador da residencia de maiores de Ribeira. Actualmente quedan 2 residentes e 1 traballador positivos da residencia de Ribeira.

En Galicia o SERGAS informa do falecemento de 30 persoas que foran diagnosticados por coronavirus. Todos eles tiñas patoloxías previas. As vítimas no se rexistraron todas nun día se non que foron validadas nas últimas xornadas. O total de falecidos en Galicia elévase a 1.910.

Día 26 de xaneiro:

Muller de 82 anos, na Residencia Paz y Bien de Tui.

Día 31 de xaneiro:

Home de 85 anos, na Residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria.

Día 2 de febreiro:

Home de 90 anos, na Residencia Integrada CEGADI (Santiago). Procedía da Residencia DomusVi Ribeira.

Día 3 de febreiro:

Home de 73 anos, no Chuf.

Home de 83 anos, no Chop.

Home de 62 anos, no Chop.

Home de 76 anos, no Chuvi.

Home de 83 anos, no Chuvi.

Home de 84 anos, no Chuvi.

Muller de 101 anos, no Hospital Modelo-Belén da Coruña.

Home de 71 anos, no Chuo.

Muller de 87 anos, no Chuac.

Muller de 77 anos, no Chuac.

Home de 91 anos, no Chus.

Home de 79 anos, no Chop.

Día 4 de febreiro:

Home de 75 anos, no Chuo.

Home de 78 anos, no Chuvi.

Home de 93 anos, no Chuf.

Muller de 84 anos, no Chop.

Home de 80 anos, no Chus.

Muller de 90 anos, no Chuf. Procedía da Residencia O Casón de Moeche.

Muller de 89 anos, no Chuo.

Muller de 58 anos, na Residencia Pai Menni de Betanzos.

Muller de 77 anos, no Chop.

Muller de 86 anos, no Chuvi.

Muller de 91 anos, no Chuf. Procedía da Residencia DomusVi Laraxe (Cabanas).

Muller de 88 anos, en Povisa. Procedía da Residencia Las Angélicas de Vigo.

Muller de 96 anos, no Chuf. Procedía da Residencia Mi Casa de Ferrol.

Muller de 87 anos, no Chuf. Procedía da Residencia O Casón de Moeche.

Muller de 93 anos, no Chuf.