Mar achega máis de 2 millóns de euros para mellorar e protexer zonas de marisqueo

16 Febreiro 2021

A conselleira do Mar estivo este 16 de febreiro en Vilagarcía, dando detalles das axudas que vai destinar o Goberno galego ao sector do marisqueo. Segundo fixo saber, trátase de dous millóns de euros que se encamiñarán a proxectos de mellora das zonas de produción e, tamén, a iniciativas para protexer os ecosistemas. Estes recursos mobilizados, dixo, son un medio fundamental para “paliar os efectos de episodios como os temporais rexistrados nas últimas semanas”.

En concreto, trátase de tres liñas de axudas que veñen de saír publicadas no DOG a comezos de mes e que contan cun orzamento global de preto de 2,3 millóns de euros para actuacións como as sementeiras de bivalvos co obxectivo de mellorar a produtividade dos areais.

A titular de Mar subliñou que estes apoios poden destinarse a “proxectos que mitiguen o impacto das condicións meteorolóxicas adversas das últimas semanas (que provocaron certa mortalidade nos bancos e debilitaron o marisco como consecuencia do seu desprazamento das zonas nas que estaba asentado así como pola baixa salinidade da auga)” e incidiu en que, unha vez se coñezan con exactitude os efectos destes episodios, “podería incrementarse o crédito destas achegas ou habilitar apoios adicionais para o sector”.

A representante do Executivo galego lembrou que o sector marisqueiro galego foi un dos que máis sufriron o impacto da crise derivada da alerta sanitaria polo coronavirus en 2020 e lamentou que agora se sumen os efectos negativos das inclemencias meteorolóxicas. Por iso, salientou que a “Xunta apoiará ao sector, como xa fixo o ano pasado, para que supere as dificultades ao tratarse dunha actividade esencial, que ten futuro e da que dependen milleiros de familias galegas”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.