Galicia mantén o peche da hostalería, pero o comercio recuperará o mércores o seu horario normal

15 Febreiro 2021

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu manter a Galicia en restricións máximas, o que implica o peche perimetral de todos os municipios e dos locais de hostalería.

O comercio non esencial, que tan só abre ata as 18,00 da tarde, poderá abrir con horario normal a partir do mércores.

Así o anunciou en rolda de prensa o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do comité clínico que acordou o inicio dunha desescalada “gradual” e “prudente”.

Outra novidade é que o 22 de febreiro volverán as clases presenciais nos ensinos especiais, como as Escolas Oficiais de Idiomas ou nos conservatorios. Nas universidades as clases presenciais volverán o 1 de marzo. Antes de que os universitarios volvan ás facultades, a Xunta planea un cribado masivo entre os estudantes.

Nalgunhas residencias, as que completasen a vacinación fai 10 ou máis días, amplíanse as visitas, ata o de agora limitadas a un familiar.

Para a próxima reunión, Alberto Nuñez Feijóo adiantou que se valoraría levantar outras medidas, como a vixente prohibición de reunións de non conviventes. O mandatario argumentou que o nivel de ocupación nas unidades de coidados intensivos non permite máis marxe de alivio ata o de agora. “Os resultados son esperanzadores pero aínda non suficientes”, concluíu.

Mantense o illamento perimetral por municipios, aínda que Feijóo indicou que algunhas zonas poderíase aliviar despois das próxima reunón do comité de expertos do SERGAS, que será o vindeiro luns, en función de como sexan os datos desta semana.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.