Fondo malestar nos tripulantes do arrastreiro vigués Venturer

09 Febreiro 2021

Antón Luaces.- Tripulantes (e os seus familiares) do arrastreiro vigués “Venturer” que permanecen confinados no Brasil tras detectarse un gromo de COVID-19 a bordo, veñen de facer público o seu fondo malestar contra a compañía Pesca Puerta, propietaria do buque que, segundo explican, semella estar máis preocupada pola volta ao traballo canto antes dos prexudicados que polos seus empregados. Ao mesmo tempo critican ás administracións públicas que, aseguran, “continúan desaparecidas”.
Tanto os tripula nntes como os seus familiares están moi molestos pola falta de información sobre estes feitos porque os mariñeiros que continúan a bordo “non reciben información até o punto de que mañá, mércores, supostamente deben facer novas probas PCR, pero non saben nada”.Dos cinco afectados que permanecían ingresados en centros hospitalarios de Salvador de Bahía, quedan aínda dous: un cidadán peruano e outro galego, este en situación “moi delicada” xa que permanece intubado e sedado na UCI.Por parte do sindicato CIG hai críticas á casa armadora do arrastreiro, o citado grupo galego Pesca Puerta, e á admin8istración central e a Xunta de Galicia que, afirman, “continúan desaparecidos”.O “Venturer” saiu do porto de Vigo o pasado día 14 de xaneiro con 64 persoas a bordo con destino ao caladoiro das Malvinas. Feitas as probas de detección do novo coronavirus e pasada unha semana en corentena nun hotel da cidade, algúns tripulantes quedaron en terra por ter dado positivo nas probas realizadas. Uns dez días despois, varios dos embarcados comezaron a se sentir mal e presentar síntomas presuntamente compatibles coa COVID. Após poñerse o capitán en contacto co Centro Radiomédico de Madrid, o buque dirixxíuse a Salvador de Bahía, a onde chegaron na mencida do día 28 de xaneiro. Nesa cidade brasileira continúan a día de hoxe fondeados e sen poderen desembarcar, agás os cinco que foron internados en hospitais con distinta gravidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...