Fin de semana soleada e temperatura agradable

26 Febreiro 2021

O sábado a comarca e Galicia quedará na influencia das altas presións situadas ao norte da Comunidade. Agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, agás no norte de Lugo, onde predominarán as nubes baixas, con algún orballo illado pola mañá; néboas matinais no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos chegando ós 21 graos o sábado e baixando lixeiramente o domingo. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes no litoral da Coruña e Lugo.

Altas presións de 1040 mb entre Inglaterra e Francia. Baixas presións de 1005 mb entre Canarias e o norte de África.

Atención para sábado: Vento do nordés forza 7 entre Estaca de Bares e Fisterra.

NO NOSO MAR O SÄBADO: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 2 a 4 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á noite e 2.5 a 3.5 metros á tarde.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:003.9 m
Baixamar10:160.4 m
Preamar16:253.7 m
Baixamar22:210.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:523.8 m
Baixamar10:060.5 m
Preamar16:153.7 m
Baixamar22:150.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:563.8 m
Baixamar10:110.4 m
Preamar16:203.7 m
Baixamar22:200.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.