En Boiro os hostaleiros reciben o importe das taxas das terrazas do exercicio 2020

03 Febreiro 2021

O Concello de Boiro vén de facer efectiva a devolución da taxa por ocupación de vía publica correspondente a ocupación de terrazas no período de 2020 aos locais hostaleiros. A medida veu dada por non ter tido oportunidade de levar a cabo a súa actividade. Do mesmo xeito, a Administración local aprobou a suspensión da ordenanza para poder eximir o pago pola taxa de terrazas para o ano 2021.

A devolución que agora se está a facer efectiva corresponde ao período de 2020, no que as terrazas estaban autorizadas e feito o pagamento.

O Concello engadiu que “para o exercicio 2021, os locais tiveron que facer a solicitude do mesmo xeito que os anos anteriores, no mes de decembro, pero sen aboar o importe que correspondería xa que están exentos de pagar a taxa durante este ano”.

En concreto, o Goberno boirense fixo saber que estes días estase a proceder a realizar a devolución dos importes que estaban pendentes e que ascenden a un total de 13.587,35 euros. Ademais desta medida, o Concello recoñeceu que está a valorar máis fórmulas “coas que poder contribuír á recuperación económica do sector e poder paliar os efectos da crise producida pola COVID-19”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.