Controlados máis de 3.000 vehículos en Rianxo entre o 8 e o 21 de febreiro

22 Febreiro 2021

A Policía Local de Rianxo compartiu o seu balance de actividade das dúas últimas semanas (entre o 8 e 21 de febreiro), poñendo o foco nas accións destinadas a velar polo cumprimento das medidas para frear o avance da COVID-19 no concello e máis na comarca. Estas iniciativas incluíron controis estáticos e dinámicos de control do peche perimetral do concello, ademais de vixilancias concretas e inspeccións en zonas comerciais e de gran afluencia de persoas.

Tamén abrangueron a posta en marcha dunha campaña especial de seguridade viaria despregada en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico, dando acubillo a controis de velocidade, alcoholemia e drogas en diversos puntos da rede viaria do termo municipal.

En total, verificáronse 3.011 vehículos.

Froito dos controis e inspeccións efectuadas cumprimentáronse no dito período 17 actas de proposta de sanción en materia de sanidade e medidas anti-COVID ademais de detectarse 95 infraccións de tráfico, 29 delas por excesos de velocidade e 2 por conducir con presencia de drogas no organismo.

Asemade, procedeuse á investigación xudicial de 3 condutores por delitos contra a seguridade viaria, 2 deles por perda de vixencia do permiso de condución por perda total de puntos e 1 por exceso de velocidade ao ser detectado conducindo a 129 km/h nunha vía urbana limitada a 50. Os condutores, unha vez instruídas as pertinentes dilixencias foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Padrón.

Dende o 25 de outubro, o corpo policial rianxeiro efectuou 161 propostas de sanción en materia sanitaria e a sala operativa dos axentes deu resposta a 1.748 chamadas de cidadáns requirindo diversas informacións por normativa COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...