Comezan os obradoiros anti-fake news da Deputación da Coruña

19 Febreiro 2021

A Deputación da Coruña puxo en marcha este xoves os obradoiros en liña cos que pretende concienciar á sociedade, especialmente á xente nova, sobre a importancia de saber que boa parte do que vén polas redes e a través dos móbiles son directamente informacións falsas. As actividades están a ser desenvolvidas por EuropeDirect A Coruña, centro pertencente ao ente provincial. Amais de obradoiros haberá tamén debates para axudarnos a separar, informativamente falando, o miolo da palla.

O programa Información vs. Desinformación comezou este xoves cun taller sobre a busca de información oficial da Unión Europea que contou coa intervención da ESN Santiago e da Escola Embaixadora do Parlamento Europeo IESP Eusebio da Guarda. Foi impartido polo deputado responsábel da área de Persoal e Facenda, Antonio Leira, e versou sobre Onde buscar información acerca da UE‘. A través desta actividade, as persoas participantes puideron descubrir as vías existentes para acceder a información oficial da Unión Europea.

“A finalidade deste obradoiro é que a xuventude poida informarse de xeito fiábel, analizando as fontes oficiais de información a nivel local, nacional e europeo”, explicou Leira.

O obradoiro contará coa intervención da ErasmusStudent Network (ESN) de Santiago e da Escola Embaixadora do Parlamento Europeo IESP Eusebio da Guarda.

As actividades continuarán o día 25 de febreiro ás 16:00 horas co taller en liña Cres todo o que les nas redes? #UERadarBulos, que estará impartido por Maldita.es e que consistirá na verificación de noticias falsas sobre a UE.

O peche deste programa de formación será o 4 de marzo co curso Que non che coen nin un bulo!, no que a mocidade aprenderá a identificar a desinformación.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.