Comezan en Ribeira os encontros para informar aos concellos das Directrices da Paisaxe

11 Febreiro 2021

Este mércores iniciouse no Consistorio de Ribeira unha rolda de encontros de traballo para informar aos concellos galegos da aplicación das Directrices da Paisaxe, que o vindeiro 20 de febreiro entrarán en vigor. Na sesión participou o director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, e máis os responsábeis dos concellos de Ribeira e Porto do Son (tamén estaban convocados os de Boiro e A Pobra de Caramiñal, pero non puideron asistir por circunstancias persoais).

Segundo recordou Barea, as ditas disposicións medioambientais e urbanísticas, as primeiras coas que conta a Comunidade galega que determinan polo miúdo os pasos a seguir en materia de riqueza ambiental e estética do territorio, están pensadas como “unha ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afiance a súa actual posición entre as comunidades máis avanzadas en materia paisaxística”.

O director do IET defendeu este tipo de encontros porque “é moi importante que se coñeza o seu contido, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego, coa finalidade de preserva e coidar os valores paisaxísticos”.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.