Comeza a instalación dos semáforos na rúa Romero Ortíz

15 Febreiro 2021

A rúa Romero Ortíz de Ribeira vén de dar un histórico paso en seguridade, logo de ter estado no punto de mira de veciños, asociacións e grupos políticos locais polos seus evidentes problemas en materia de mobilidade (é unha rúa estreita que no seu treito baixo non permite dobre circulación de xeito fluído, non ten beiras por onde poidan camiñar os peóns con tranquilidade, está saturada de tráfico pola humanización das rúas lindeiras do centro urbano e non hai elementos que calmen a velocidade dos vehículos). En concreto, o Concello informou da posta en marcha dos traballos encamiñados a dotar de regulación por semáforos do tráfico que circula polo viario.

Máis polo miúdo, instalaranse seis semáforos tipo LED de aforro enerxético. “Coa súa colocación”, informou o Concello, perséguense dous obxectivos principais: “Regular a circulación entre esta vía e a rúa Cervantes, que descorre perpendicularmente, e alternar o paso de vehículos nun tramo especialmente estreito próximo á praza de Compostela”.

O Goberno local tamén informou de que Romero Ortiz constituirá a terceira zona da cidade ribeirense na que se ordene por medio de semáforos a circulación viaria, logo das actuacións emprendidas no paseo do Malecón no 2011 e na avenida Miguel Rodríguez Bautista e rúas adxacentes no 2015.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.