Chamada de atención de Sanidade á hostalería. A Xunta endurece os controis polos “incumplimentos” do sector

27 Febreiro 2021
Sanidade avisa de “comportamentos irresponsables” na hostalería: “Xóganse o peche futuro”


O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avisou este sábado de que unha “cantidade moi considerable” de establecementos hostaleiros “non abriu coas condicións fixadas” polo que o seu “comportamento irresponsable” está “a poñer en risco a todos”. “Os que incumpren xóganse o peche futuro dos seus locais, pero tamén dos que están a cumprir as normas”, sostivo.

Nunhas declaracións difundidas pola Xunta aos medios, o conselleiro asegurou que están “francamente preocupados” por “como se está producindo a desescalada”, especialmente neste sector, e lembrou que moitas familias “sufriron enormemente polo peche das últimas semanas”, tanto hostaleiros como provedores.

“Por iso, toda a hostalería abriu as súas portas con ilusión e, en moitísimos casos, con responsabilidade para que nos locais e nas terrazas podamos estar coa máxima seguridade”, sinalou.

O titular de Sanidade lembrou que “tanto no interior como no exterior deben de estar todas as mesas montadas” e que “só o 30% no interior e o 50% no exterior” deben estar habilitadas. “Isto favorece o control visual de todos, tanto de usuarios como dos propios hostaleiros e, ademais, garante a distancia de seguridade”, sinalou. Tamén incidiu en que, nas terrazas, por cada mesa ocupada, debe de haber unha desocupada ao seu lado.

“Así o falamos cos hostaleiros e así está recollido no DOG e, por tanto, é a norma”, subliñou en consellerio, que pediu “responsabilidade” á hostalería. “Ás asociacións, que insistan nesta mensaxe; e aos propietarios, que cumpran co que está pactado e é norma”, apuntou.

Neste sentido, tamén chamou ás forzas e corpos de seguridade a ser “inflexibles” cos incumprimentos e a “redobrar os seus esforzos”. “Xogámonos moito no sanitario e no económico”, indicou.

Por último, apelou á responsabilidade dos cidadáns. “Que esixan eles tamén este cumprimento pola súa seguridade e que utilicen a máscara todo o intre, salvo no momento que van comer e a beber”, pediu o conselleiro, que tamén lembrou que non se pode fumar nas terrazas.

“Apoiamos aos locais e cidadáns que cumpren e aprememos e concienciemos a aqueles que non o están facendo”, subliñou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.