CCOO de Santiago e Barbanza denuncia a falta de vacinación nos centros sanitarios privados e concertados de saúde mental

26 Febreiro 2021

A Federación de Sanidade de CCOO de Santiago e Barbanza denunciou a metodoloxía seguida polo programa vacinación autonómico en relación aos centros sanitarios privados e concertados de saúde mental, xa que segundo a instrución 4/21 da Xerencia do SERGAS, esta faríase entre os días 11 e 21 de febreiro.

Dende que comezou a pandemia, explican dende o sindicato, “o persoal sanitario fixo o posíbel por mellorar a vida das persoas que se encontraban nos centros sanitarios privados e concertados de saúde mental, pero este sector aínda se considera de segunda división”. Así, o delegado de CCOO, Ramón Pazos, sinala que “as persoas con patoloxías psiquiátricas vense dobremente castigadas pola súa doenza e mais polo esquecemento da Administración, que ten a obriga de velar pola súa saúde”. Doutra banda, o voceiro de CCOO expón que “xa lle remitiron ao Sergas solicitudes de vacinación e listaxes de persoal traballador e doentes”, pero polo momento non houbo resposta ningunha.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.