Boiro abre o proceso selectivo para a elaboración dunha lista de conserxe mantedor

10 Febreiro 2021

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha lista para a contratación temporal de conserxes mantedores baixo a
modalidade contractual laboral temporal. O prazo de presentación de
solicitudes está aberto dende hoxe e será de dez días hábiles. Toda a
información e as bases están a disposición das persoas interesadas na web
municipal.
As persoas candidatas deben estar en posesión, como mínimo, do Graduado Escolar, graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de Primeiro Grao ou equivalente; estar en posesión do permiso de conducir clase B; ter cumpridos os 16 anos e posuír as capacidades físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das funcións.
O sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre e o proceso selectivo vai constar dunha fase de concurso con tres exercicios: un
cuestionario tipo test de 40 preguntas, probas practicas relativas ás funcións e proba de galego para aqueles que non o acrediten. Na fase de concurso valorase a experiencia profesional.
As solicitudes deben presentarse entregando a documentación requirida
e o modelo de instancia que se inclúe nas bases a través da sede electrónica
ou do Rexistro Xeral do Concello de Boiro. Debido a que as instalacións
municipais están pechadas e non hai atención presencial, recomendase dar
prioridade á sede electrónica, e lembrase tamén que se pode facer a través das oficinas de Correos ou dende outros Concellos.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.