“Bloques de cemento contra a pesca de arrastre”. Antón Luaces

27 Febreiro 2021

Antón Luaces.- ​Varios bloques de formigón foron guindados ao mar dende o buque “Esperanza” pertencente á organización ecoloxista Greenpeace. A denuncia parte da prensa británica, que sinala que esta acción dos conservacionistas foi realizada na Zona Económica Exclusiva (ZEE) británica, nunha área na que resulta doado ver faenando barcos comunitarios e na que históricamente pescan barcos franceses, motivo polo que a organización de produtores de Boulogne-sur-Mer do Norte deu aviso óis seus membros dun perigo que, afectando ao fondo mariño tamén pode causar importantes danos á frota gala que faena nesta parte da canle da Mancha e mesmo prexudicar ás actividades autorizadas a un determinado número e tipo de buques franceses no marco  dunha área mariña protexida.

Esta acción da que responsabilizan a Greenpeace choca frontalmente contra o desleixo que en Galicia manteñen as autoridades autonómicas a respecto da área mariña protexida (¿?) de Lira-Carnota e Cedeira que, con tanto afán puxeran en marcha os pósitos  destas localidades coruñesas co apoio inicial de distintas organizacións vinculadas á pesca e mesmo a Consellería de Pesca, esta posteriormente chamada “Andana”, alegando que se trataba dun proxecto “doutro goberno”, como se o aprobado por uns no fora corresponsabilidade dos que os substituían á fronte do Executivo galego. 

Porque á vista do empeño dos pescadores franceses e británicos en preservar a protección desa parte da canle da Mancha que por igual se benefician das autorizacións de pesca regulada na área protexida, chama a atención desta sigular actuación dos ecoloxistas denunciada polos profesionais da pesca. E moito máis aínda este ollar cara outro lado por parte da Xunta e algúns armadores e patróns galegos de barcos asimesmo autorizados a pescar nas áreas protexidas de Lira-Carnota e Cedeira (nunha e outra aínda vixentes esas licenzas) no que atinxe á coxestión e a regulación da pesca na primeira en ambas as citadas áreas que, por certo, se pretenden revitalizar para recuperar a impronta acadada no seu momento co labor directo e teimudo de persoeiros como Antonio Allut e Emilio Louro (“Milucho”).A coxestión non é, nen moito menos mala para a pesca. Todo o contrario, cando se fala de áreas protexidas. Talvez sexa chegado o momento de, ao igual que acontece na canle da Mancha, pescadores e responsables políticos galegos traballen coordinadamente para acadar rendabilidade económica ao tempo que se garante o futuro da pesca, a súa sustentabilidade, pola actuación conxunta na que todos se involucran.  

Outros artigos

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.