Até 311 persoas autónomas, microempresas e pemes de Ribeira veranse beneficiadas das axudas de PEL-Reactiva

04 Febreiro 2021

O Concello de Ribeira vén de informar da resolución das axudas provinciais (PEL-Reactiva) para a reactivación económica e social do municipio, publicada este 4 de febreiro no Boletín Oficial da Provincia. Segundo fai saber o Goberno ribeirense, trátase dunha contía total de 596.000 euros co-financiada pola Deputación da Coruña e o Concello, e que ten como obxectivo “dotar de liquidez a persoas autónomas e microempresas na procura de contrarrestar os efectos da COVID-19”. De acordo coa resolución, en total son 311 as beneficiadas, distribuídos en tres liñas de subvención.

Un primeiro grupo (o máis numeroso, con 269 microempresas e persoas autónomas) está composto polas entidades que se visen afectadas polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo. A contía das axudas abarca entre os 1.500 e os 3.000 euros.

O segundo grupo, con 39 beneficiarios, fórmano as persoas autónomas e negocios que non se visen afectadas polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. As subvencións oscilan entre os 1.500 e os 2.500 euros.

O terceiro grupo estivo integrado por aqueles que se viran na obriga de acollerse a un ERTE nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo. Houbo tres beneficiados: dous con 2.500 e un con 3.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.