Até 125 persoas autónomas e empresas da Pobra beneficiaranse do PEL-Reactiva

05 Febreiro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal publicou a resolución provisional das axudas do PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña. No total, serán 125 as persoas autónomas e empresas que se beneficiarán destas achegas, das 143 que as requiriron (unha diferenza que segundo informou a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela, de Nós Pobra, explícase porque “o resto non cumpría cos requisitos e algunha que quedou fóra de prazo”). O importe total ascende a 237.500 euros, con 126.129’36 euros procedentes da institución provincial e 111.370’61 euros do Concello, polo cal a edil destacou que “ninguén quedou fóra por falta de recursos”.

A súa homóloga das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), agradeceu esta proposta da Deputación, pois indicou que “son unhas axudas moi xustas e, de feito, no noso concello así se demostrou ao entrar practicamente toda a xente que se presentou a elas”.

Esta medida focalizada no eido económico laboral está dirixida, por orde preferente, a tres tipos de empresas: no grupo 1 enmárcanse aquelas que pecharon durante o confinamento de forma obrigatoria seguindo o Real decreto 463/2020 (con 109 beneficiarias e un montante de 204.500 euros); ao grupo 2 adscríbense aquelas cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vise reducida, polo menos, nun 75% (con 5 concesións por unha contía de 7.500 euros); e no grupo 3 atópanse as sometidas a ERTE (con 11 receptoras por un orzamento de 25.500 euros).

A contía vai dende os 1.500 euros por unha empresa que non teña ningunha persoa empregada até os 3.000 euros para aquelas cuxo cadro de persoal se compón de entre 6 e 9. Ademais, o período subvencionábel abrangue dende 1 de marzo ata 31 de decembro de 2020.

As edís engadiron que as ditas subvencións xustifícanse coa compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza; arrendamentos e canons; reparación e conservación; primas e seguros; e subministracións.

As solicitudes presentadas foron puntuadas seguindo as bases reguladoras de acordo cuns criterios de valoración nos cales figuran o tipo de empresa, a súa forma xurídica, o número de mulleres contratadas, o número de persoas discapacitadas contratadas, o número de menores de 30 anos contratados/as e o emprego da lingua galega.

A listaxe provisional atópase publicada no taboleiro de anuncios físico e dixital do Concello. Así mesmo, o prazo para a presentación de alegacións será de dez días hábiles que se contarán dende o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia (BOP) que, previsibelmente, será no 22 de febreiro. Transcorrido o dito prazo, e á vista das alegacións presentadas, de ser o caso, ditarase a resolución de concesión definitiva e, a partir de aí, as persoas beneficiarias disporán dun mes para achegar a documentación xustificativa.

A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), puxo o foco en que para o Goberno municipal “é importantísimo e unha prioridade participar na reactivación económica dos distintos sectores que forman a economía do noso concello”, que se artella de distintas maneiras. Neste senso, anunciou que, tanto dende o Departamento de Desenvolvemento Local coma dende o da Promoción Económica, están desenvolvéndose unha serie de proxectos que se van presentar ó longo de todo ano co obxectivo de contribuír á dinamización.

Pola súa parte, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), manifestou que se analizará o por que das empresas que quedaron fóra do PEL-Reactiva, polo cal se estudará unha segunda liña de achegas, ademais doutra específica para o sector da hostalaría.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.