Altofalante reivindica desde as redes sociais a Rosalía feminista e inconformista

23 Febreiro 2021

A asociación cultural Altofalante vai celebrar o Día de Rosalía mediante a publicaciónde diversos poemas a través das súas redes sociais para divulgar a súa figura e a súa obra coa finalidade de dar a coñecer unha autora feminista e reivindicativa.
O presidente da asociación, Óscar Sobrido, anima a espallar os seus textos no aniversario do seu nacemento pois, segundo declarou “seguen mantendo plena vixencia”. Sobrido defendeu que Rosalía “foi unha precursora na defensa da lingua propia de Galiza e tivo desde sempre un compromiso coa defensa das clases populares fronte as inxustizas que padecían.
Desde Altofalante contaron coa colaboración da artista Sara Maneiro, veciña da parrooquia Artes, que fixo unha ilustración para colaborar na conmemoración deste día.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.