A unión comarcal UGT-Compostela e Barbanza xa ten nova executiva

26 Febreiro 2021

O Congreso da Unión Comarcal de UGT de Compostela e Barbanza celebrado baixo o lema Traballando en igualdade elixiu nova executiva. Esta está encabezada agora por María Luisa Rodríguez Vázquez, que substitúe a Inma Sieiro. A nova comisión executiva comarcal ficou ratificada polo 96% dos votos emitidos. O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, presente na sesión, salientou o traballo feito por Inma Sieiro.

O equipo responsábel da unión comarcal quedaría deste xeito:

· Secretaria Xeral: María Luisa Rodríguez Vázquez

· Secretaria de Organización e Administración: Ana Reboredo Piedra

· Secretario de Formación, Emprego e Saúde Laboral: Ricardo Turnes Mejuto

· Secretario de Política Sindical: Ángel Fernández Pintor

· Secretaria de Políticas Sociais e Igualdade: María Jesús Campos Varela

Como dixemos no congreso recoñeceuse o labor desenvolvido pola anterior comisión executiva durante este mandato, aprobando a súa xestión co 100 por cento dos votos.

Na apertura da sesión interviron o presidente da Fundación Luis Tilve, Benito Núñez, Ángel Iglesias, secretario xeral de UGT-A Coruña e Cee, a secretaria xeral de FeSPp-UGT de Galicia, Delia Irene Martínez e Javier Carreiro, secretario xeral de UGT-FICA de Galicia.

Todas e todos eles coincidiron en subliñar a figura da secretaria xeral saínte, Inma Sieiro, e destacaron que este tempo de pandemia “serviu para aprender moitas cousas, entre outras que nos temos que sentir moi orgullosos do traballo desenvolvido polas organizacións sindicais durante toda a pandemia, atendendo e dando cobertura á clase traballadora e desenvolvendo un servizo esencial para o conxunto da sociedade”.

Tamén se puxo de relevo “o papel desenvolvido polos sanitarios e por todos aqueles que estiveron en primeira liña nesta crise sanitaria coidándonos, protexéndonos e alimentándonos”.

Durante a súa intervención na clausura, o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, afirmou que “a pandemia serviu para achegar aínda máis o sindicato aos traballadores e traballadoras. O sindicato estivo á altura, o obxectivo principal era o de protexer a saúde, pero tamén protexer or emprego e as empresas”.

Finalmente, a secretaria xeral entrante de UGT-Compostela e Barbanza agradeceu o apoio recibido e tamén os anos de dedicación ao sindicato de Inma Sieiro, animando aos presentes a seguir “este exemplo de implicación e traballar en igualdade, seguindo o lema deste congreso, na defensa dos

dereitos dos traballadores e traballadoras”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.