A Marea Cidadá de Noia anuncia o cambio de modelo de xestión do Aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone

19 Febreiro 2021

A Marea Cidadá de Noia, logo de negociar co resto de grupos, anuncia a progresiva modificación do modelo de xestión do polémico Aparcadoiro, que terá a maioría das súas prazas abertas para uso público.
A Marea Cidadá de Noia leva anos demandando a modificación do modelo de xestión do Aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone. Construído con cartos públicos, o goberno de Santiago Freire estableceu o aluguer como modelo de xestión, excluíndo á maioría da veciñanza e rexistrindo enormemente o seu uso.

O modelo de xestión do aluguer era ademáis enormemente ineficaz e ineficiente, alén de supoñer a privatización dunha estructura pagada polo conxunto da veciñanza. A maior parte de prazas atopábanse sempre libres, non podendo ser usadas por aquelas persoas que se achegaban a Noia a facer as súas compras ou consumir no noso Concello.

A Marea Cidadá de Noia enfrontou este modelo de xestión durante anos, realizando recollidas de firmas e mesmo levando esta situación a Pleno en reiteradas ocasións, sendo a última o pasado mes de xaneiro. Hoxe, a formación anunciou un acordo para a progresiva modificación do modelo de xestión.

A Marea Cidadá explicou que a transición se realizará en dúas fases. Nunha primeira, a metade das prazas da planta -1 pasarán a ser de uso aberto con limitación temporal. Na segunda, a medida que vaian caducando as concesións de aluguer, a maior parte das prazas serán abertas con limitación temporal, para evitar o estacionamento durante períodos de tempo prolongado. Así mesmo, manteranse en réxime de aluguer as mínimas imprescindibles para as persoas que residen no Casco histórico.

A Marea ven de afirmar que se trata dunha vitoria da veciñanza de Noia no seu conxunto, e amosan ledicia polo que consideran o “retorno” do Aparcadoiro a veciñanza de Noia.

Aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone Noia

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.