“A importancia da filosofía e a ética”. Manuel dominguez III

01 Febreiro 2021

No seu tempo o Ministro Wert suprimiu ou reduciu drasticamente a materia de Filosofía nas escolas ou institutos, hoxe a lei Celaá de educación suprime a materia de ética.

Na USC políticas, non temos a materia de Ética e tal é así, que eu considerándoa de vital importancia para quen un día serán ou poden ser asesores de políticos, considerando que o seu coñecemento é vital, solicitei que se inclúa nos plans de estudo, entendendo a dificultade do cambio.

A ética non se traduce a ser ou non ser boa persoa é algo máis. Pódese dicir que a ética se encarga do estudo da moral, a virtude, a felicidade e o deber. En sentido amplo da palabra, Ética Epicurea, estoica, normativa, metaetica, relixiosa, cristiá, hindú, musulmá, aplicada, empírica, cívica, profesional, medica. A ética é a parte da filosofía que reflexiona sobre o feito moral, é dicir, sobre o que está ben ou está mal.

A filosofía, polo seu carácter multidisciplinar, é como a nai de todas as ciencias, é a que achega conceptos para fomentar o diálogo.

A Filosofía é de tal importancia, que o seu coñecemento pode regular, favorecer o noso equilibrio mental.

Marinoff expón a utilidade da filosofía como conxunto de saberes de sanación das patoloxías individuais e sociais que no mundo posindustrial acosan ao xénero humano. Para el a filosofía contén un acervo histórico cun potencial de terapia incalculable.

A Filosofia achéganos outra forma diferente de ver o mundo.

Achego a fotografía do libro, mais Platón menos Prozac, por consideralo de interese.

O asunto final é que suprimindo dos estudos a Ética e a Filosofía, que clase de España teremos no futuro.

Isto demostra que clase de políticos temos hoxe, son tan ignaros, que o seu descoñecemento leva a isto ou son tan piltrafillas que queren un país, intelectualmente escuálido e fácil de manexar, pero para aquela xa non estarán eles no poder.

A coñecida frase, Onde vas triste de ti? En referencia a Alfonso XII e a tráxica, dolorosa vida que lle toco vivir.

Eu pregúntome o mesmo Onde vai esta España nosa? Que incerto ou non incerto futuro avecíñase.

Os políticos pensan nas próximas eleccións, os estadistas pensamos nas próximas xeracións.

Imos permitir en silencio que os nosos fillos, os nosos netos, pasen polo coñecemento desta maneira.

Un día dixo un esdrújulo, “Eu entre na Universidade, ao que un docto respondeulle, ti entraches na Universidade pero a universidade non entro en ti”.

Outros artigos

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...

+

“La Monarquía está de cumpleaños” – José Antonio Constenla

Se cumplen diez años de la proclamación de Felipe VI como Rey de España tras la abdicación de su padre. El 19 de junio de 2014 el pueblo representado en las Cortes Generales le daba la bienvenida y el nuevo Rey se sometía formalmente a la soberanía del pueblo y se...

+

“Auditorio” – José Manuel Pena

Xa é unha grata realidade, o novo auditorio. Ribeira, necesitaba un auditorio en condicións e adecuado ao seu número de habitantes e da importante poboación da propia comarca do Barbanza. Este pasado sábado chegouse a inaugurar oficialmente, coa presenza de diferentes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...