A hostalería de Ribeira recibirá 10.000 envases de café por parte do Concello

18 Febreiro 2021


A Asociación de Empresarios e o Concello de Ribeira acordaron unha nova iniciativa en apoio á hostalería local para dar continuidade á campaña #lévamecontigo emprendida neste Nadal na que se repartiron 2.000 envases de comida.
Nesta ocasión serán 10.000 vasos de café os que se repartan entre calquera dos 103 locais hostaleiras de todo o municipio que puideran estar interesados coa fin de contrarrestar os efectos económicos da COVID-19.
Dende a sede da Asociación de Empresarios distribuiranse os recipientes, cunha capacidade para 240 mililitros. As entregas darán inicio a partir do vindeiro mércores 24, repartindo un total de 100 unidades por establecemento. O presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez, agradeceu o apoio do Concello, que da man de Manuel Ruíz anunciou que lanzará un novo plan para apoiar á hostalería, cun
“importante desembolso”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.