A hostalaría da comarca manifestouse esta tarde

24 Febreiro 2021

A hostalería de Barbanza manifestouse de novo para reclamar un plan de rescate. Hoxe fíxoo en Ribeira, A Pobra, Rianxo e Outes, participando empresarios do sector da práctica totalidade de municipios.

En cada unha das concentracións leuse o mesmo manifesto que detalla as súas demandas para o plan de rescate a cada unha das Administracións, desde o Goberno central ata os concellos.

Os asistentes fixeron un chamamento a participar na concentración que terá lugar o día 13 en Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...