A Deputación financia os servizos de limpeza de praias dos concellos con 900.000 euros

09 Febreiro 2021

Os concellos costeiros poderán solicitar as axudas da Deputación, que repartirá un total de 900.000 euros para limpeza de praias durante a tempada estival.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos para contratación de brigadas durante tres meses, que se encargarán da limpeza dos areais, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustíbel.

Así, a subvención para a creación destas brigadas ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de outubro do 2021. As axudas que poderán favorecer ós Concellos van dende un mínimo de 6.768 euros, ata un máximo de 33.840 euros. “Ademais de contribuír á mellora da imaxe das praias, a campaña de limpeza de praias impulsa tamén a creación de emprego durante os meses de verán, xa que xunto co programa de contratación de socorristas, supón a creación duns 300 empregos durante a tempada estival”, destacou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Estas axudas será outorgadas ós concellos logo de que a Deputación aplique criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias, e segundo a poboación oficial do concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.