A comunidade de Amicos recibe a segunda dose da vacina anti-COVID

02 Febreiro 2021

A Asociación Amicos, con sedes en Comoxo (Boiro) e Oleiros (Ribeira) acolleu hoxe nas súas dependencias a aplicación da segunda dose da vacina anti-COVID á comunidade de residentes e traballadores da entidade. Macarena, Pablo, Jesús foron os primeiros en recibila a primeira hora deste 2 de febreiro, uníndose axiña as súas compañeiras e compañeiros e as técnicas e técnicos do Centro Integral Amicos.

En total, estamos a falar de 120 persoas protexidas xa contra a COVID-19 (de feito, a efectividade das vacinas de Pfizer é do 90%, o que non exime de seguir mantendo as medidas de hixiene, seguridade e EPIS para conseguir a máxima inmunidade).

Segundo manifestaron, “recibimos esta segunda dose con esperanza, xa que vemos máis preto a volta á normalidade”.

A dirección do centro fixo saber que os prazos impostos de 21 días despois da primeira toma “cumpríronse como se agardaba”.

Tamén explicaron que en Amicos “estamos moi concienciados desde abril do ano pasado no que houbo un gromo de máis de 30 afectados. Desde entón, non volvemos a rexistrar ningún caso. Todas as semanas realízanse cribados para ter cotexada a situación do centro”.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...