Tempo seco e frio nos próximos días

O mércores, día de Reis, mantense sobre Galicia o aire frío, aínda que se irá recuperando a influencia anticiclónica, polo que se agarda unha xornada de tempo moi frío e seco. Así, comezaremos o día con bancos de néboa que deixarán paso a ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con xeadas xeneralizadas, especialmente intensas en zonas altas. O vento soprará frouxo do nordés.

O xoves 7 seguirá achegando aire frío. Deste xeito teremos ceo pouco nubrados ou despexados. As temperaturas non terán cambios significativos, polo que continuarán as xeadas no interior e a sensación de frío durante o día. Os ventos soprarán frouxos do nordés, con intervalos de moderado no litoral atlántico.