Sachos á Rúa pon en marcha unha plataforma que pon en contacto aos propietarios e aos demandantes de vivendas no rural

15 Xaneiro 2021
Casa rural abandonada en Noia nunha imaxe publicada en Eldiario.es

A Asociación Agro-ecolóxica Sachos á Rúa, radicada no Barbanza e responsábel das feiras ecolóxicas que se celebran regularmente en Ribeira (praza do Rueiro) e Boiro (a carón do Centro Social), vén de pechar fileiras contra unha das grandes problemáticas do noso tempo: o despoboamento do rural e o abandono dos modos de vida propios das nosas aldeas. Por este motivo, e para achegar á xuventude novas oportunidades de emprego e emprendemento, as e os integrantes da asociación deron forma a unha nova plataforma, Agro Novo, cuxa finalidade é “ser a canle de comunicación entre as persoas que precisan unha vivenda para vivir no rural e as propietarias que desexen alugar inmóbeis a prezos accesíbeis”.

A posta en marcha da plataforma responde a unha das principais razóns de ser do devandito colectivo: achegar recursos que melloren a nosa relación co medio ambiente ao tempo que se xeran oportunidades de desenvolvemento social e empresarial sustentábel para todo tipo de colectivos.

Desta volta, poñen o foco especialmente na xente nova: “Até nós chegan, cada vez con máis asiduidade, demandas de persoas, especialmente novas, para establecerse no rural e poder realizar os seus soños traballando no campo dunha maneira sustentábel. Dende o noso colectivo podémoslles ofrecer terreos, formación e outras ferramentas para poder comezar, pero en moitos casos, precisan de atopar unha vivenda próxima á rede da que formamos parte, na zona do Barbanza”, explican, engadindo que este foi o xermolo “dunha idea que consistiu en crear unha plataforma de contacto que establecese unha canle de comunicación entre as persoas que precisan unha vivenda no rural e as persoas propietarias que queiran alugar a un prezo asequíbel as súas propiedades, co compromiso dos primeiros a realizar os precisos traballos de coidados e mantemento da vivenda e do espazo exterior”.

A asociación ponse a disposición de todas aquelas persoas que queiran tirar proveito da iniciativa, e faino a través das seguintes canles: o enderezo electrónico sachosarúa@gmai.com e máis os teléfonos 686 097 190 / 663 56 28 18.

Outros artigos

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.