Retómanse as obras para dotar de rede de saneamento as vivendas de Foxacos, no Araño

20 Xaneiro 2021

O Concello de Rianxo, a través do departamento de Obras e Servizos Municipais, informou de que foron retomadas estes días, logo da pausa motivada polas vacacións, as obras que van dotar a 28 vivendas de Foxacos, na parroquia do Araño, do servizo da rede de saneamento.

O dito departamento sinala que se porá a disposición dos fogares da contorna unha rede de saneamento e depuración integral. A previsión, logo do subministro dos tres treitos establecidos (un un deles, xa rematado, para conectar coa rede pre-existente e dous tramos máis para acabar en depuradoras que xa se empezan a construír esta semana), é rematar coas obras nun prazo de mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.